Educación e Cultura

Un proxecto vangardista co repertorio musical de Zeca Afonso, con Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido - Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar

Un proxecto vangardista co repertorio musical de Zeca Afonso, con Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido

Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar no Auditorio de Rianxo

Este sábado, 22 de abril, ás 20h30, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar. Tres referentes da música galega, Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido, presentarán un repertorio do artista portugués Zeca Afonso, nunha actuación que combina elementos tradicionais, vangarda e experimentación.

A cantante Faia Díaz presenta unha visión artística especial sobre as cancións seleccionadas do artista portugués, creando unha dimensión contemporánea e transgresora, coa axuda da experimentación electrónica do recoñecido músico vigués Nacho Muñoz e a batería do investigador sonoro Lar Legido. A presentación promete ser un diálogo musical transfronteirizo que vai máis aló do espazo-tempo.

A entrada é de balde ata o límite da capacidade da sala (máximo de 2 entradas por persoa) e os convites deben ser retirados unha hora antes do comezo do concerto. Non perda a oportunidade de asistir a este espectáculo único de fusión musical en Rianxo!