Educación e Cultura

Manuel Tubío e Carme Tubío na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Concerto homenaxe a Lorca e Manuel Antonio - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto homenaxe a Lorca e Manuel Antonio

Manuel Tubío e Carme Tubío na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O próximo sábado, 10 de xuño, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo encherase de poesía e música co concerto homenaxe a dous grandes referentes da literatura e da cultura española e galega: Federico García Lorca e Manuel Antonio. O concerto contará coa actuación de Manuel Tubío, encargado da composición, guitarra e voz, e Carme Tubío, que o acompañará ao violonchelo. Tamén contará coas intervencións do escritor Xosé Ricardo Losada, quen achegará a súa visión sobre a importancia e o legado destes dous grandes poetas.

A entrada é de balde ata completar capacidade da sala.