Educación e Cultura

- Concerto infantil na Feira do Libro, Uxia Lambona e a banda molona - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto infantil na Feira do Libro, Uxia Lambona e a banda molona

Uxía Lambona e a súa banda achéganse á Praza Rafael Dieste o vindeiro sábado 22 de xullo, ás 21.30 horas, dentro da programación da Feira do Libro.

"Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .
Nos nosos concertos, a través dunha interacción constante cos nenos, tratamos de facer estes temas máis divertidos para os cativos e que pasen a formar parte da súa memoria.

Esperamos que vos guste... e a bailar coma tolos!!!
Let´s go!!! ;)

A proposta forma parte do programa Cultura no Camiño.