Educación e Cultura

Na sala Arcos Moldes do Auditoiro de Rianxo presentando o seu novo traballo Mat[R]iz - Concerto, Iván Vilela e Pablo Castaño - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto, Iván Vilela e Pablo Castaño

Na sala Arcos Moldes do Auditoiro de Rianxo presentando o seu novo traballo Mat[R]iz

​​​​​​​O vindeiro venres 5 de maio ás 21:00 horas, terá lugar un concerto de Ivan Vilela e Pablo Castaño na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Estes dous talentosos artistas presentarán o seu novo traballo "Mat[r]iz". A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala, polo que recomendamos chegar cedo para asegurar o teu lugar. Esta é unha oportunidade única para escoitar a mestura de sons tradicionais e contemporáneos nunha experiencia musical que seguramente non esquecerás.

 

Mat[R]iz
Ivan Vilela & Pablo Castaño
O encontro de Ivan Vilela, virtuoso da viola de dez cordas –viola caipira ou aínda viola brasileira– e un
dos artistas máis influentes da música instrumental brasileira, con Pablo Castaño, nome referencial
do novo jazz galego, revélasenos en Mat[R]iz (aCentral Folque, 2022), unha das principais novidades
no panorama discográfico galego do ano.
A dupla achega o seu toque persoal e orixinal ás músicas do mundo transitando con naturalidade nas
súas creacións entre os contextos erudito e popular, a improvisación do jazz, o feitizo dos ritmos da
música brasileira e o lirismo enérxico do canto popular galego.
A suavidade e destreza destes músicos mergulla ao público nunha atmosfera de espiritualismo
sonoro onde se suceden melodías con sabor poético comprometidas coas sonoridades tradicionais.
Facendo confluír dúas tímbricas infrecuentes, ofrecen versatilidade, dinámica interpretativa e
variacións estéticas dotadas dunha sorprendente cohesión. Esta mestura de sons contemporáneos e
rescate da tradición vese reforzada coa colaboración especial das poderosas e cálidas voces de Felisa
Segade e Gabi Reboredo.