Educación e Cultura

- CONCERTO: O poder da superlingua a cargo de GRAMOLA GOMINOLA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CONCERTO: O poder da superlingua a cargo de GRAMOLA GOMINOLA

O grupo A GRAMOLA GOMINOLA achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o próximo sábado 6 de novembro ás 19.00 horas co seu novo espectáculo O poder da superlingua.

O concerto está recomendado para un público familiar con crianzas a partir de 4 anos.

Duración do concerto: 60 minutos.

Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Reserva previa de localidades ata as 14.00 horas do xoves 4 de novembro en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata)

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.