Educación e Cultura

Patrocinado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo - Concerto, Rosalía Trío presentado o álbum Has de cantar - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto, Rosalía Trío presentado o álbum Has de cantar

Patrocinado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo

A Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo patrocina o concerto da formación Rosalía Trío onde presentan o seu álbum Has de cantar.

O concerto terá lugar o venres 18 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Interpretaranse pezas do álbum “Has de cantar” presentado en 2022, xunto con obras de Marcial del Adalid, Francisco Piñeiro, Pascual Veiga e as estreas de composicións realizadas para Rosalía Trío por Juan Durán (premio de composición Reina Sofía 2018), Antón de Santiago, León Durán Viso, Margarita Viso, Juan Berná e do italiano Ciro Ferrigno sobre poemas de Rosalía de Castro, Fanny Garrido, Curros Enríquez, Afonso R. Castelao, Ramón Cabanillas, Esther López Castro e Yolanda Castaño.

A agrupación Rosalía Trío está integrado por María José Ladra, mezzo, Juan Pérez Berná oboe e corno inglés e Margarita Viso, piano.