Educación e Cultura

Proposta para as familias rianxeiras para favorecer a conciliación laboral - CONCILIA NADAL 2025/2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CONCILIA NADAL 2025/2026

Proposta para as familias rianxeiras para favorecer a conciliación laboral

CONCILIA NADAL 2025/2026

Programa municipal de conciliación con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre dirixido ás familias do Concello de Rianxo.

Datas de realización

  • Decembro: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31
  • Xaneiro: 2, 5 e 7

Horario

De 10:00 a 14:00 h

Persoas destinatarias

Nenos e nenas nados entre 2014 e 2022 (incluídos).

Localizacións e prazas

  • CEP Brea Segade (Taragoña): 15 prazas
  • CEIP Ana Mª Diéguez (Asados): 15 prazas
  • CEIP Castelao (Rianxo): 30 prazas

Para constituír grupo é necesario un mínimo de 10 participantes por instalación.

Documentación necesaria

Calendario de inscrición 

  • Presentación de solicitudes: do 5 ao 11 de decembro
  • Listaxe provisional de solicitantes: 12 de decembro
  • Reclamacións / emenda de documentación: 15 e 16 de decembro
  • Listaxe definitiva: 17 de decembro
  • Sorteo (se procede): 18 de decembro
  • Publicación das listaxes de admitidos/as e reserva: 18 de decembro

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente por vía telemática (enlace pinchando aquí), empregando o modelo oficial.