Educación e Cultura

- CONCURSO DE DISFRACES. Choqueiros - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CONCURSO DE DISFRACES. Choqueiros

O vindeiro venres 5 de febreiro, dentro da programación do Entroido Rianxeiro, terá lugar un Concurso de disfraces temático, "Os choqueiros"; destinado á mocidade (persoas entre 15 e 40 anos)

Podes consultar as bases pinchando no documento

BASES CONCURSO DE DISFRACES. CHOQUEIROS

  1. DATA.

A data do concurso de choqueiros, orientado a xuventude Rianxeira será o venres 5 de Febreiro de 2016.

 

  1. INSCRICIÓN:

A inscrición poderá realizarse dende as 23.00 horas do venres 5 de febreiro ata as 2.00 horas do sábado 6 de febreiro. O lugar para inscribirse no Concurso de Disfraces será, na Praza Castelao, na barra instalada na carpa onde se realizarán as actividades de Entroido.

 

  1. PARTICIPANTES:

    Persoas de 15 ata 40 anos, e terán que acreditalo co correspondente DNI.

  2. REQUISITOS:

  • Será un concurso temático polo que as persoas interesadas en participar deberán ir disfrazadas de “choqueiros”. Un choqueiro é aquela persoa que para disfrazarse usa a súa propia imaxinación empregando roupa, atavíos convencionais, accesorios, máscaras,... para resultar estrafalario; sen empregar traxes “comerciais”.

  • Poderase participar nunha única modalidade: individual ou grupo, non se permite inscrición en ambas modalidades.

  • Os grupos debe constar de un mínimo de 2 integrantes e estar disfrazados dunha temática común.

  • As persoas participantes non poderán ser membros da Comisión das Juadalupeñas.

 

  1. DESFILE DOS PARTICIPANTES:

O tempo na pasarela será limitado, non podendo exceder de 2 minutos por participante ou grupo.

No caso de precisar algún acompañamento musical deberán facelo saber no momento da inscrición, para poderlle facilitar a labor o d.j .

 

  1. CATEGORÍAS:

As categorías do concurso son as seguintes:

  • Masculino- individual

  • Feminino – individual

  • Grupo

 

  1. PREMIOS:

Os premios constarán de unha cesta de produtos típicos do Entroido para cada unha das categorías.

O premio será entregado unha vez que o xurado elixa ós disfraces gañadores en cada categoría.

Publicaranse na redes social Facebook das Juadalupeñas coa foto adxunta.

 

  1. VALORACIÓN DO XURADO

Valorarase de 0 a 5 puntos polo xurado, os seguintes aspectos:

  • Orixinalidade e traballo: terase en conta a elaboración do disfraz, total ou parcial, por parte das persoas participantes. Penalizaranse aqueles que sexan, na súa totalidade, elaborados con recursos comerciais.

  • Posta en escena e animación.

  • Na categoría de grupo: o número de compoñentes, a variedade de xénero e as idades.

  1. XURADO

Estarán compostos por 3 representantes da Comisión das Juadalupeñas, tendo un único voto cada un.

 

  1. ACEPTACIÓN DAS BASES

A inscrición no concurso implica a aceptación e cumprimento das bases.

A organización terá a competencia para poder resolver calquera dúbida xurdida nas presentes bases.