Educación e Cultura

- Curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila

Dentro do Festival Noites de Jazz 2022, unha das accións formativas é un curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila.

Neste curso adicado a Big Band falarase sobre a evolución histórica deste tipo de formación, un piar básico sobre o que se construíron os elementos que conforman a esencia da música do jazz.
Mediante as distintas sesións de prácticas de ensaio co obxectivo final de realizar un concerto para apertura das noites de Jazz en Rianxo, os alumnos matriculados gozarán dunha aprendizaxe de tocar neste tipo de formación.
Por medio de clases teórico-prácticas achegarémonos aos distintos aspectos que afectan a un músico de jazz,  mediante a interpretación de arranxos para esta formación, entenderemos e viviremos a experiencia de recrear as sonoridades típicas das big bands.
 

CONTIDOS DO CURSO:
· Etapa estilística.
· Como estudar o linguaxe do jazz.
· Entendemento da escritura para combo e big band.
· Fraseo, lectura e interpretación. Articulación. Corchea de swing.
· Concepto de acompañamento e interacción na sección rítmica.
· Conceptos de teoría harmónica básica.
· Entendemento harmónico do repertorio a realizar, e información de conceptos para a
improvisación na sección de solos.
· A importancia auditiva e rítmica no jazz.
· Entendemento dos estilos relacionados co linguaxe do jazz. Funk, Bossa, Latin, Afro, Swing...

ALFREDO SUSAVILA MUÑIZ
Titulado Superior na especialidade de Jazz no Conservatorio Superior da Coruña,titulado de Grao Profesional na especialidade de Piano Clásico así como Diploma Profesional en música moderna en Estudio Escola de Música.
Cursos,Seminarios de jazz e composición complementan a súa formación.
A súa experiencia profesional como director musical, arranxista, e pianista, pasa por formacións de jazz,e de distintos estilos da música moderna, acompañando a diversos artistas e grupos con varias xiras e discos ó seu carón.
A súa inquietude na composición lévao a musicar libros, sintonías de programas de tv, curtametraxes e composición para banda sinfónica.
Este músico profesional na actualidade segue acompañando a varios artistas en concertos en directo e estudos de gravación, compaxinando coa súa labor docente e o seu propio proxecto Alfredo Susavila Trío.