Educación e Cultura

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - DANZA, espectáculo O que non se ve a cargo de ET Suseia Danza - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

DANZA, espectáculo O que non se ve a cargo de ET Suseia Danza

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

DANZA, espectáculo O que non se ve a cargo de ET Suseia Danza.

  • DÍA: sábado 18 de novembro
  • HORA: 20.30 horas
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio, máximo 2 por persoa.

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O que non se ve’ representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e contemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Con esta obra, van un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportan tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, mergullándose na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudan as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosan o poder da muller na tradición oral.

Coreografías creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto, mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.

 

  • ​​​​​​​Vídeo promocional