Educación e Cultura

- 21 de marzo: De catro a catro: catro singraduras en honra de Manuel Antonio - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

21 de marzo: De catro a catro: catro singraduras en honra de Manuel Antonio

O vindeiro sábado 21 de marzo, dentro da programación dos actos de homenaxe a Manuel Antonio desenvolveranse as seguintes propostas:

17.30 h - Porto de Rianxo - Illa Malveira

  • SAÍDA EN BARCO E LECTURA DE POEMAS NA ILLA MALVEIRA.
Saída en barco rumbo á illa Malveira. Lectura de poemas a cargo de Xesús Santos Suárez, Fernando Quintela Gallego e outros e outras participantes. No ano 1935, un grupo de amigos e admirados do poeta de Rianxo proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición pública, consistentes na colocación dun monolito. Hoxe retomase a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio.
 

20.30 h - Auditorio de Rianxo

  • ACTO  LITERARIO DE HOMENAXE A MANUEL ANTONIO

Coas intervencións do mantedor do acto, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, fillo adoptivo de Rianxo e do alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, que presentará un recital poético. Intervirán: Anxo Angueira, Marta Dacosta, F.R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Villar. Peche musical pola Aula de Cultura Musical (UNED Senior). O acto conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e da Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior de Rianxo.