Educación e Cultura

O vindeiro mércores 27 de marzo todos os amantes do teatro celebramos o Día Mundial do Teatro. A Deputación Provincial desexa unirse un ano máis a esta celebración cunha programación especial en varios municipios da provincia. - Día Mundial do Teatro, Cancións amarelas, Flores tristes de Ernesto Is. por Manekineko - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Día Mundial do Teatro, Cancións amarelas, Flores tristes de Ernesto Is. por Manekineko

O vindeiro mércores 27 de marzo todos os amantes do teatro celebramos o Día Mundial do Teatro. A Deputación Provincial desexa unirse un ano máis a esta celebración cunha programación especial en varios municipios da provincia.

FORMULARIO DE RESERVA DE PRAZA PECHADO

Quedan dispoñibles 20 prazas que poden recollerse na billeteira do auditorio dende as 19.30 horas do 23/03/2024.

----------------------------------------------------------------------------

Cancións amarelas, flores tristes, de Ernesto Is. producida por Manekineko; programación para conmemorar o Día Mundial do Teatro da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: sábado 23 de marzo
  • HORA: 20.30 h
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 16 anos.
  • DURACIÓN: 70 minutos
  • ENTRADA: de balde. Limitada a 120 prazas. Require reserva previa preferentemente no formulario ou no teléfono 981 100 688. Enlace ao formulario pinchando aquí.

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais. Nesta noite hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores... Pero, sobre todo, anhelos.

Ficha técnica e artística:

INTERPRETACIÓN: Nacho Castaño, María Costas, María de las Llanderas e Fran Nogueira

DIRECCIÓN: Nerea Brey

TEXTO: Ernesto Is

ESPAZO E ILUMINACIÓN: Beatriz de Vega

VESTIARIO: Javier Lojo

​​​​​​​ESPAZO SONORO: Nerea Brey e Ernesto Is