Educación e Cultura

- Días sen gloria teatro a cargo do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Días sen gloria teatro a cargo do Centro Dramático Galego

O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego.

O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael Dieste e estreada por Teatro do Aquí en 1993, incorpórase agora ao repertorio da compañía pública como exemplo da madurez dramatúrxica de Roberto Vidal Bolaño e pola súa significación como un dos mellores expoñentes do seu universo estilístico.

A obra está dirixida por Fefa Noia e conta co seguinte elenco de actores e actrices: Borja Fernández, Manuel Manquiña, Felisa Segade, Eva Souto e Sergio Zearreta.

As entradas, terán un custe de 5 €, e poderán retirarse unha hora antes do comezo da función