Educación e Cultura

- Encontro coa Arte: pintura ao vivo nas rúas de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Encontro coa Arte: pintura ao vivo nas rúas de Rianxo

Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme envergadura cultural e humana.

A actividade máis destacada das xornadas van ser os obradoiros de pintura do natural, momento no que os artistas trasladan os seus talleres a distintos lugares e entornas naturais do concello. Como novidade, e en colaboración co Concello de Rianxo, este ano o encontro celebra unha das súas xornadas na vila natal de Castelao, onde, ademais dos mencionados talleres, celebrarase un acto e unha ofrenda floral na lembranza do ilustre rianxeiro.

Descarga da programación