Educación e Cultura

O vindeiro VENRES 3 DE XUÑO, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da nova produción teatral Nais, unha comedia de Marc Egea, dirixida por Javier Mariño coa interpretación de Inma Morandeira e Eva Iglesias. - ENTRADAS ESGOTADAS,  Teatro, Nais de Entre Patas Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ENTRADAS ESGOTADAS,  Teatro, Nais de Entre Patas Teatro

O vindeiro VENRES 3 DE XUÑO, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da nova produción teatral Nais, unha comedia de Marc Egea, dirixida por Javier Mariño coa interpretación de Inma Morandeira e Eva Iglesias.

ENTRADAS ESGOTADAS !!!!!

O formulario de reserva aínda está aberto pero as reservas que se recollan xa formarán parte dunha listaxe de agarda que se cubrirán no caso de que se produza algunha baixa.

Por causas alleas ao Concello de Rianxo, a función Nais prevista para este sábado ADIASE para o venres 3 de xuño.

As reservas xa feitas e confirmadas anúlanse, se desexa asistir nesta nova data ten que facer unha nova reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​

​​​​​​O vindeiro VENRES 3 dE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS,terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción teatral Nais, unha comedia de Marc Egea, dirixida por Javier Mariño coa interpretación de Inma Morandeira e Eva Iglesias.

A proposta está producida por Destino Bergen Audiovisual e Entre Patas Teatro.

A entrada é gratuíta, a reserva de localidades realizarase no enderezo web www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva farase efectiva cando se confirme dende o Auditorio de Rianxo mediante un correo-e, non é inmediato senon que pode tardar uns días.

No caso de quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo da función.

Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen.
A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida. Conseguirán estes encontros achegar as súas posturas? Acabarán converténdose en inimigas íntimas?
75 minutos de pura comedia, na que nada é o que parece. Dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan.