Educación e Cultura

Novo espectáculo de teatro físico conducido por dous clowns, Natalia Outeiro “Pajarito” e Arturo Cobas, artistas galegos de larga traxectoria, o cales se xuntan por primeira vez nesta viaxe física e cómica - Espectáculo Bagaxe por Arturo Cobas e Natalia "Pajarito" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo Bagaxe por Arturo Cobas e Natalia "Pajarito"

Novo espectáculo de teatro físico conducido por dous clowns, Natalia Outeiro “Pajarito” e Arturo Cobas, artistas galegos de larga traxectoria, o cales se xuntan por primeira vez nesta viaxe física e cómica

Bagaxe por Arturo Cobas e Natalia "Pajarito"

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: venres 24 de maio
  • HORA: 20.00 h
  • DURACIÓN: 55 minutos
  • PÚBLICO DESTINATARIO: público familiar
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio

Espectáculo de teatro físico conducido por dous clowns, Natalia Outeiro “Pajarito” e Arturo Cobas, artistas galegos de larga traxectoria, o cales se xuntan por primeira vez nesta viaxe física e cómica.

BAGAXE, As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade, está gardada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas  e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, que pode saír mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional? Seredes testemuña dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan nunha explosión de creatividade… Pero, sempre haberá unha incerteza: que acontecerá cando abran a seguinte maleta?

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA:

Dirección: Natalia Outeiro “Pajarito” e Arturo Cobas
Intérpretes: Natalia Outeiro “Pajarito” e Arturo CobasIluminación/espazo escénico: As dúas en Punto
Vídeo e foto: Sol Álvarez
Axuda a creación: Agadic- Xunta de Galicia
Colaboran: Manu Lago, Concello de A Estrada, Concello de Negreira, Concello de Ames, Concello de Rianxo, Concello de Santiago.