Educación e Cultura

- Espectáculo de danza, DeMente a cargo da compañía de Fran Sieira. ENTRADAS ESGOTADAS - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo de danza, DeMente a cargo da compañía de Fran Sieira. ENTRADAS ESGOTADAS

ENTRADAS ESGOTADAS. En breve comunicarase ás persoas que realizaron a reserva se dispoñen de localidade ou non.

O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza de Fran Sieira achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente.

A entrada é gratuíta previa reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 14.00 horas do xoves 30 de setembro.

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“DeMente”, é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. Conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario diseñado por Carlos Alonso Alonso xunto  co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

Máis información