Educación e Cultura

- ESPECTÁCULO MUSICAL: A casa do terror, por Xoán Curiel e a Banda do Verán - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ESPECTÁCULO MUSICAL: A casa do terror, por Xoán Curiel e a Banda do Verán

O sábado 3 de novembro, Xoán Curiel e a Banda do Verán achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo musical A Casa do Terror. A proposta comezará ás 19.00 horas.

Destinatarios: público infantil, nenos e nenas a partir de 4 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Poderán retirarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa).

Priorizarase a entrada do público recomendado, repartíndose unha entrada para un adulto por neno.a. Se antes de que comece a función quedan butacas baleiras poderán ser ocupadas por todas as persoas interesadas en ver o espectáculo.

Proposta enmarcada dentro da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A Casa do Terror” é un espectáculo infantil explosivo e moi rico e atractivo musical e visualmente; ademais de moi participativo. No mesmo, mesturamos a música e a danza con elementos teatrais ou de clown.

Despois do éxito obtido co seu anterior espectáculo musical infantil: “Estamos no verán!!!”, nace un novo espectáculo onde música, teatro, danza e coreografías, farán que o público asistente cante, baile e sobre todo participe dun xeito “terroríficamente divertido”.

Estilos como o funk, o rock clásico, o pop, o reggae, o swing atópanse neste espectáculo para nenos e nenas e público familiar.