Educación e Cultura

A artista holandesa que reside en Rianxo dende fai anos vai expoñer unha nova colección das súas obras no Auditorio de Rianxo. - Exposición de arte naive, Sentimentos de Karin Kuijper - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición de arte naive, Sentimentos de Karin Kuijper

A artista holandesa que reside en Rianxo dende fai anos vai expoñer unha nova colección das súas obras no Auditorio de Rianxo.

Exposición de arte naive, Sentimentos de Karin Kuijper.

  • ACTO DE APERTURA: sábado 02 de marzo
  • HORA: 18.00 h
  • DURACIÓN EXPOSICIÓN: do 02 ao 31 de marzo
  • HORARIOS DE VISITA: luns de 09.00 a 14.30. De martes a venres de 09.00 a 21.00. Sábados de 16.30 a 21.00 h.
  • LUGAR: sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo

A artista Karin Kuijper mostra a súa nova colección baixo o título Sentimentos, esta é a primeira vez que estas pezas son expostas ao público.

A holandesa Karin Kuijper, establecida en Rianxo dende hai 13 anos, naceu en Utrecht, nos Países Baixos (Holanda).

No ámbito artístico, é autodidacta, carecendo dunha formación académica específica. Define o seu estilo dentro do ámbito do Naïf, caracterizado pola súa inxenuidade e espontaneidade, onde o colorido intenso con brillos e contrastes, xunto cunha técnica escasa, son trazos distintivos. En moitos aspectos, a súa obra recorda ou inspira-se na arte infantil.

Comezou a pintar arredor do 2008, no seu país natal, Holanda, e tivo a súa primeira exposición pública en Galicia no ano 2014 e continuando ata a actualidade realizando exposicións en diferentes espazos.