Educación e Cultura

Organizada polo Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño do Concello de Rianxo - Exposición: Galicia, conservando a natureza do CEIDA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición: Galicia, conservando a natureza do CEIDA

Organizada polo Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño do Concello de Rianxo

O Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño organiza a exposición Galicia, conservando a natureza, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Esta exposición pretende divulgar a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos de Galicia. O 12 % do territorio galego atópase amparado por figuras de protección como son os parques naturais, espazos naturais, lugares de interese comunitario ou zonas de especial interese para as aves, garantindo a preservación da nosa biodiversidade.

A exposición está aberta ao público no Auditorio de Rianxo, primeiro andar, dende o 24 de abril ata o 18 de maio de 2023.