Educación e Cultura

Exposición "Lévedo lila"-Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero, do 7 ao 10 de marzo na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. - Exposición "Lévedo lila" - Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición "Lévedo lila" - Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero

Exposición "Lévedo lila"-Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero, do 7 ao 10 de marzo na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.

Exposición "Lévedo lila" - Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero, do 7 ao 10 de marzo na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.

Proxecto Lévedo Lila

O proxecto "Lévedo lilá" é unha iniciativa de Xandobela | Educación e Cultura, que busca visibilizar referentes da cultura e das artes galegas con perspectiva de xénero con e entre a mocidade: referentes da cultura e das artes galegas que superan os estereotipos por razón de xénero, que os cuestionan de xeito explícito, que deixan pouso, que espertan a curiosidade, o interese e alentan a reflexión. Que supoñan, en definitiva, un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.

A "Exposición Lévedo lilá" é unha serie de seis paneis onde se recollen a experiencia e opinións de varias persoas do ámbito cultural galego, a través de breves entrevistas feitas na súa totalidade por un grupo de mozos e mozas de entre 13 e 16 anos: desde a identificación das persoas, ata a gravación e edición dos vídeos. Toda unha aventura!

Para visionar as videoentrevistas tan só hai que escanear os códigos QR que aparecen en cada panel.

Este proxecto conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a través da convocatoria de proxectos singulares de especial interese cultural, e do proxecto Muses, cofinanciado polo Programa Erasmus Plus da Unión Europea.