Educación e Cultura

- Exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado

Do 02 ao 23 de marzo poderase visitar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado comisionada por Jerry Ruíz Barzola.

"Nocturnidade” é unha exposición nacida das casualidades, onde dous artistas, con diferentes maneiras de  expresión conversan. En bioloxía, a nocturnidade refírese ao ciclo de comportamento, no que o animal é máis activo durante a noite que durante o día. Aplícase a outros organismos, como as plantas que florecen de noite.
É tamén unha circunstancia agravante de responsabilidade, resultante da execución de certos delitos nas altas horas da madrugada.
Dous mundos de expresión artística que se realizan a altas horas da noite, no medio da soidade, onde só se encontra un mesmo para aperar o botón do disparador da cámara e outro onde quita o capuchón do bolígrafo ou presiona o spray para deixar unha marca, unha seña de identidade, porque ás veces, o ser humano necesita berrar no espazo urbán: “eu estiven aquí”.
É por iso, que quixemos que as obras nocturnas do fotógrafo CARLOS OCAÑA NOVOA e os “tags” e debuxos neoexpresionistas do artista RAÚL ORDÓÑEZ TORRADO dialoguen entre eles, á vez, que facemos reflexionar sobre arte urbán, a intervención pictórica na copia dunha imaxe e no delictivo do proceso…