Educación e Cultura

- Exposición: Reflejos del Alma, da artista Raquel Rey - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición: Reflejos del Alma, da artista Raquel Rey

O vindeiro sábado 05 de outubro, ás 11.00 h, realizarase o acto de apertura da exposición de pintura Reflejos del Alma, da artista Raquel Rey.

A exposición poderá visitarse do 05 de outubro ao 02 de novembro, na Sala de exposicións do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, no horario habitual do auditorio.

Quen é Raquel Rey?  

Son unha artista madrileña nacida no barrio de Tetuán. Dende moi pequena sentín unha gran paixón polo debuxo e pola pintura, procedente dunha familia moi humilde, pero cun gran sentido da beleza e sensibilidade pola arte.

Co paso dos anos desenvolvín de forma autodidacta e independente, practicando diferentes estilos artísticos como o cubismo ou o surrealismo. Finalmente decido facer un Máster en terapias creativas a través da arte, observando o efecto terapéutico sobre min nas diferentes etapas da miña vida persoal.

Levo aproximadamente 15 anos vindo a Rianxo polo verán e instaleime definitivamente a finais de 2023 e a partir de aquí sigo desenvolvendo a serie de 'caras' que comecei hai un par de anos.

E este é o momento no que decido expor as miñas obras, moitas delas como unha forma experimental de pintura rápida e espontánea, xunto con outras máis elaboradas.

Esta exposición trata de mostrar diferentes estados emocionais a través da expresión facial e dos xestos esaxerados, dando renda solta á imaxinación e á interpretación dos mesmos. Así, Reflections of the Soul é froito dun traballo a través da introspección como proxecto profesional, logrando promover unha maior autoconciencia a través da arte como terapia.

Raquel Rey Fuentes.