Educación e Cultura

Traballos de artista do taller de Xurxo Martiño (Altaira Arte e Ensino) - EXPOSICIÓN. Rianxo: miradas desde o interior - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

EXPOSICIÓN. Rianxo: miradas desde o interior

Traballos de artista do taller de Xurxo Martiño (Altaira Arte e Ensino)

EXPOSICIÓN. Rianxo: miradas desde o interior

Traballos de artista do taller de Xurxo Martiño (Altaira Arte e Ensino)

  • DATAS: do 07 de novembro ao 05 de decembro
  • ACTO DE APERTURA: sábado 07 de novembro ás 13.00 h
  • HORARIO: luns de 10.00 a 14.00 e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas
  • LUGAR: sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

En Altaira, escola de arte en Santiago de Compostela, imparten aulas especialistas con gran paixón polas belas artes, como o pintor Xurxo Martiño, profesional non só do ensino, senón tamén artista de longa e recoñecida traxectoria. As súas obras estiveron expostas en máis de 30 exhibicións ao longo dos últimos anos en diferentes puntos de Galiza, e gañou múltiples premios de arte: no eido da pintura e as artes plásticas.

Xurxo é un apaixonado da arte e un explorador da súa propia creatividade, descubrindo sempre novos medios e técnicas cos que expresarse a si mesmo e formar aos seus estudantes.