Educación e Cultura

O venres 15 de decembro, ás 20.00 horas, apertura da exposición Tinta de Fol nun acto no que se presentará o libro e unha actuación pictoacústica - Exposición, Tinta de Fol - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición, Tinta de Fol

O venres 15 de decembro, ás 20.00 horas, apertura da exposición Tinta de Fol nun acto no que se presentará o libro e unha actuación pictoacústica

Exposición: Tinta de Fol, oito pezas para gaita máis unha para piano de David Cuence e Sabela Olivares.

  • DÍA:  do venres 15 de decembro ao 15 de xaneiro
  • ACTO DE APERTURA: venres 15 de decembro, 20.00 h
  • LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo (primeiro andar)

No acto de apertura contarase coa presentación do libro e cunha actuación pictoacústica na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo do grupo Boroa e David Cuence.

Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións na exposición Tinta de Fol.
Unha colección de pintura abstracta que transforma as ondas sonoras en pinceladas negras e grises.
Composicións musicais da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da
man do ilustrador David Cuence.
As pinturas van acompañadas de partituras musicais impresas, oito composicións para gaita e unha
para piano que forman parte do último disco O`Clásico Fol de Boroa, trío do que Sabela forma parte
como gaiteira solista.
Un estímulo audiovisual materializado en nove pezas que poderán contemplarse mentres son escoitadas.
Esta iniciativa nace do desexo de Sabela por crear un libro de partituras ilustrado que se publicará
proximamente. Este recolle partituras coa súa ilustración correspondente e versións ornamentadas
específicas para gaita. Tamén se inclúen enlaces QR con audios das versións orixinais e pistas de
acompañamento. Todo isto co fin de enriquecer a experiencia do/da intérprete e seguir aportando
materiais didácticos para o instrumento.