Educación e Cultura

Do 12 ao 17 de agosto poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición "Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi", no marco do Festival Titiriberia 2024. - Exposición: Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición: Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi

Do 12 ao 17 de agosto poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición "Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi", no marco do Festival Titiriberia 2024.

Do 12 ao 17 de agosto poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición "Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi", no marco do Festival Titiriberia 2024.

O acto inaugural, con visita guiada a exposición, será o vindeiro luns 12 ás 19.30 h. Os horarios de visita serán de luns a sábado de 11.00 a 14.00 h e de 19.00 a 21.00 h (pechado o domingo a tarde).  Contará ademais con visitas guiadas o luns 12 e o martes 13 ás 19.30 h.

A exposición

A recoñecida especialista en títeres checos Marie Jirásková achega, en colaboración co investigador Pavel Jirásek, unha selección da colección de títeres familiar. A colección da familia Jiráskovi inclúe marionetas, bosquexos, debuxos e fotografías históricas e representa unha das maiores coleccións privadas de marionetas do seu país, a República Checa. Hai unha gran variedade de técnicas e mecanismos na manipulación das marionetas. A mostra que se presentará en Rianxo céntrase nas «marionetas clásicas» e «marionetas con trucaxe» desde o século XIX, que implican mecanismos específicos e sorprendentes nos seus personaxes.

A convulsa historia da República Checa supón unha amálgama diversa de tradicións que tamén converxen e enriquecen a arte das marionetas. Na mostra poderán verse, en contexto, os diferentes mecanismos especiais para trucos, cambios rápidos ou efectos específicos nun espectáculo de obxectos.

A mostra complementarase con visitas guiadas por parte da familia Jiráskovi, con tradución consecutiva de Eufrasio Lucena Muñoz. (luns  12 e martes 13 ás 19.30 h).

Participación feita posíbel grazas á implicación do Ministerio de Cultura da República Checa co Plan Nacional de Renovación e os Fondos Next Generation da Unión Europea, da embaixada do devandito país en España, do Centro Checo en Madrid e da Facultade de Teatro da Academia de Artes Escénicas Leoš Janáček (JAMU), de Brno.