Educación e Cultura

- EXPOSICIÓN XOSÉ VIZOSO, carteis de 1970 a 2014 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

EXPOSICIÓN XOSÉ VIZOSO, carteis de 1970 a 2014

Dende o 6 ao 31 de maio o Auditorio de Rianxo acollerá unha exposición de Xosé Vizoso na que mostrará os seus carteis dende o 1970 ao 2014.

O venres 6 de maio, ás 20.00 h., apertura da exposición e visita guiada a cargo de Xosó Vizoso.

Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). No Bacharelato tivo de profesor ó escultro valenciano Juan Puchades, que estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Pasou en 1968 a Sargadelos, onde contou co maxisterio de Díaz Pardo. Creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centros de libros e ilustrou moitos deles; é autor dun cento de carteis de festas, congresos, etc. Escenógrafo. Pintou grandes murais, e deseñou e montou diversas exposicións. Unha mostra da súa artee da súa tenrura cos cativos pode verse nas ilustracións do libro CANTOS DE SOL A SOL e outros de Xosé Neira Vilas.