Educación e Cultura

- Feira do libro en Rianxo: do 23 ao 26 de xullo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Feira do libro en Rianxo: do 23 ao 26 de xullo

Entre o 23 e o 26 de xullo, terá lugar en Rianxo a Feira do Libro.

HORARIO

Mañás: de 12.00 a 14.00 horas, fins de semana e festivos ata 14:30.

Tardes: de 18.30 a 22.30 horas

PROGRAMA

Día 23. Xoves

12.00 Animación de rúa. Velocíclopes, a cargo do grupo Fantoches Baj.

13.00 Inauguración. Actuación musical de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara)

          Pregón de Helena Villar Janeiro.

19.00 Actividade infantil. O baúl creativo, realizado por Cucarandainas.

20.30 Presentación de Un animal chamado néboa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas por Edicións Xerais, coa participación de Manuel Bragado e Historia da literatura infantil e xuvenil galega de Blanca Ana Roig Rechou (coordinadora da obra), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Marta Neira (coautoras). Presenta o acto Carlos Mosteiro Fraga da Asociación Cultural Barbantia, na Casa do Concello.

21.30 O humor na feira do libro. Historias da corripa e outros romances. Monólogo do humorista Lois   Pérez.

23.00 Grupo Kolo. Concerto na Praza Rafael Dieste.

Día 24. Venres.

 

12.00 Presentación de Caderno de Literatura Popular 2, Cantigas de aquén e de alén mar: Jesús Faustino Rañó Rodríguez, de Raquel García Abuín, e de Nacionalismo galego. Desatirculación, resistencia e rearticulación (1936-1975) de Uxío Breogan Diéguez Cequiel por Laiovento. Presentado por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, na Casa do Concello.

19.00 Actividade infantil. Augusta e os seus medos por Iago López Santos

20.30 O escritor e músico Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas. Espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, por Ed. Xerais, gañador do Libro do Ano na 24 edición dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia. Presenta Xesús Laiño da Asociación Cultural Barbantia.

21.30 Actividade infantil. A nena e o grilo por Magín Blanco.

Día 25. Sábado.

 

12.00 Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada, por Edicións Xerais de Galicia, e Elos de cinza, de Xosé Manuel Lobato, por Editorial Ézaro, coa participación de Manuel Bragado, Antón Riveiro Coello e Alejandro Miguéns. Presenta o acto Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Na Casa do Concello.

13.00 Actividade infantil Á porta dun conto por Noemí López

19.00 Actividade infantil. Contiños do maxín por As Garabullo.

20.30 Presentación de A identidade fascinada de Antonio Piñeiro por Editorial Galaxia, e de O solpor dos deuses de Xosé Duncan por Contos Estraños Editora. Coa participación de Manuel Cartea e Adolfo Muíños Sánchez.

21.00 Concerto conxunto das Bandas da Escola de Música de Rianxo e Banda Municipal de Música de Boiro. Na Praza de Guadalupe.

23.00 Pandeiromus en concerto. Música tradicional na Praza de Castelao.

Día 26. Domingo.

 

12.00 Presentación do libro infantil As señoras cousas, da escritora Helena Villar Janeiro, por Editorial Galaxia e de Leandro e os números de Rocío Pérez Castro. Participarán no acto Francisco Castro, Lidia Brea e Rita Bugallo. Presenta o acto Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Na Casa do Concello.

18.00 Actividade infantil. Contacontos por Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.

21.00 Teatro infantil. Ghazafellos representa a obra As mil e unha noites.