Educación e Cultura

- FEIRA DO LIBRO: xoves 21 de xullo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

FEIRA DO LIBRO: xoves 21 de xullo

O vindeiro xoves 21 de xullo, arranca en Rianxo a Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Aluminos Cortizo e o Concello de Rianxo.

13.00 horas, INAUGURACIÓN

Actuación musical Historias por escribir con Pepe Sendón e Sabela Galbán. Pregón a cargo de María do Cebreiro

18.30 horas, actuación

Maxía de aquí e de acolá, con Mago David Méndez

20.00 horas, presentación e charla coloquio

Presentación do libro de poemas Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario, gañador do Premio Nacional de la Crítica e a continuación, charla coloquio arredor do libro As dúas ourelas, de Xosé Manuel Lobato publicado por Fervenza. Participan Miro Villar e Luís Reimóndez

22.30 horas, actuación

Festival Internacional de música e baile, coa participación de KudBarscarsija, de Sarajevo, e Gruppo Burgese, de Marsala (Sicilia). AFCX Meiramar Axóuxeres