Educación e Cultura

- Festa de peche do Magosto: Centro Sociocultural do Araño - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festa de peche do Magosto: Centro Sociocultural do Araño

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo sábado 1 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural do Araño un MAGOSTO POPULAR, está organizado pola Asociación de Veciños do Araño xunto co Concello de Rianxo e en colaboración con outras entidades como a Banda de Gaitas Buxaina, o cadro Artístico Airiños, as ANPAS dos centros educativos e o bar Nova Era.

A partir das catro da tarde e ata a noitiña haberá unha serie de actividades que son as seguintes:

 

  • 16.00 h: Sesión de animaclown para os máis pequenos e pequenas
  • 17.30 h: Contacontos sobre o magosto e cantar de cego
  • 18.00 h: Xogos tradicionais e Animación infantil
  • 19.00 h: Actuación das gaiteiras e gaiteiros de Buxaina

Tamén se poderá contemplar as diferentes exposicións:

  • Mural do magosto elaborado polos nenos/as do obradoiro de debuxo
  • Exposición dos obradoiros de encaixe de bolillos e de bordado
  • Exposición de fotografías da Asociación de Veciños do Araño
  • Exposición de materiais sobre o magosto dos centros educativos

E durante toda a tarde:

  • Reparto gratuíto de castañas ben asadas
  • Servizo de bar-cafetería a módicos prezos