Educación e Cultura

- Festival benéfico: rianxoconcaye&celia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival benéfico: rianxoconcaye&celia

O vindeiro sábado 28 de abril, ás 18.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival benéfico rianxoconcaye&celia a favor da Asociación Galega Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH).

O festival estará presentado polas televisivas Eva Iglesias e Lucía Regueiro, e contará coa participación de diferentes artistas e agrupacións:

  • Barahúnda
  • Sonia Lebedynski
  • Fran Velo
  • Caxade
  • Vai de Roda
  • Fogo Fatuo
  • Malabarista
  • Mariuchis
  • Escola de Música de Rianxo
  • Silvia Ferre
  • Os Perucos

No exterior do auditorio haberá inchables para os/as máis cativos/as.

A entrada ten un custo de 6 €, que pode adquirirse en venda anticipada nos seguintes establecementos: Gominoia en Noia, e en Rianxo no Furancho de Rianxo, Boutique Donaire, A casa do Vilar, Cenor-Rot, O Cesar e no Toffe.

Coa entrada participarase no sorteo, que se celebrará durante o festival, de diferentes agasallos cedidos polos establecementos colaboradores e polo comercio de Rianxo.

As persoas que desexen colaborar e non poidan asistir ao festival tamén terán a posibilidade de adquirir unha entrada para a FILA CERO no número de conta de ABANCA ES11 2080 0381 0130 4000 5200