Educación e Cultura

Proposta realizada polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e ao abeiro da convocatoria de Festivais da Deputación da Coruña. - Festival Noites de Jazz 2023: accións formativas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival Noites de Jazz 2023: accións formativas

Proposta realizada polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e ao abeiro da convocatoria de Festivais da Deputación da Coruña.

FESTIVAL NOITES DE JAZZ DE RIANXO 2023

Accións formativas, Curso de Big Band

Sede da Escola de Música de Rianxo, Martes e xoves de xullo, de 10:00 a 14:00

Por segundo ano consecutivo unha das accións formativas do Festival centrarase na Big Band, seguindo o ronsel do bo resultado e acollida que tirou a primeira convocatoria. Caracterizada como a formación insignia da música jazz, a Big Band representa non só un esforzo musical maiúsculo, senón a espectacularidade que este tipo de música desenvolveu sobre todo nos anos 30 e 40, de forma que para moita xente Jazz e gran banda jazzística son case sinónimos.

O curso, que reserva un 50% de prazas para mulleres, centrarase en clases teórico-prácticas que achegarán no só os diversos contidos técnicos que esixe a interpretación (e a improvisación) neste tipo de formacións, senón tamén obrigadas referencias a contextos históricos (con especial referencia á desigualdade de xénero e aos marcos de pobreza e exclusión social que caracterizaron o nacemento do Jazz e que tamén eran propios das Big Bands), músicos, temas, etc.

O remate do curso será, precisamente, o concerto inaugural das veladas nocturnas do Festival, que terá lugar o mércores 2 de agosto.

O curso desenvolverase na sede da Escola de Música de Rianxo (Rúa Rinlo), os martes e xoves de 10:00 a 14:00 horas, baixo a dirección e docencia de Alfredo Susavila (director da sección de Jazz da Escola de Música de Rianxo) e a docencia tamén de Bernal Muíños (membro do Cuarteto TbA).

A matrícula é gratuíta, a realizar online ata o 9 de xuño de 2023 (véxase publicidade específica).

Máis información en escolademusicarianxo@gmail.com e no telf 671058555