Educación e Cultura

- Festival Solidario de Nadal da Asociación Vai de Roda - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival Solidario de Nadal da Asociación Vai de Roda

A Asociación Vai de Roda organiza o Festival Solidario de Nadal, Operación Quilo, o vindeiro sábado 17 de decembro, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

A entrada é solidaria e custa un quilo de solidariedade.

Non se precisan cartos para botar unha man, tan só 1 quilo de alimentos non perecedeiros ou produtos de aseo persoal. Vén e desfruta dun nadal solidario, entre veciños e coa mellor música tradicional. Dispoñible unha fila cero para aqueles que non poidan asistir mais queiran axudar.

Tódolos alimentos e produtos recollidos serán entregados a Servizos Sociais do Concello de Rianxo.