Educación e Cultura

- Galego de Cine: proxección de curtas de animación e obradoiro de dinamización - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Galego de Cine: proxección de curtas de animación e obradoiro de dinamización

Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades:

PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO

Na Praza Castelao, dende  as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana.

OBRADOIRO DE DINAMIZACIÓN

Actividade destinada a 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a traves dos cales chegarán a construír o seu propio conto. Tamén se fará un vídeo maratón que lles permitirá gravar o contos inventado durante o desenvolvemento da actividade.

As prazas son limitadas e a inscrición realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ata o 18 de maio.

Máis información: