Educación e Cultura

- Barahúnda en concerto presentado o seu novo traballo Múdanse os ventos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Barahúnda en concerto presentado o seu novo traballo Múdanse os ventos

Barahúnda presenta en concerto o seu novo traballo discográfico, Múdanse os ventos, no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 13 de outubro ás 21.30 horas.

O concerto conta coas colaboracións musicais de José Luis Dopico, Aida Saco e Chema Mawenya, a intervención plástica a cargo de María Manuela e presentado por Tero Rodríguez.

O custe da entrada é de 5  € (dos que 2 € serán doados á Asociación SOGAPS en concepto de axuda de emerxencia ás inundacións no Sáhara). Venta anticipada no Bar Pimen e na Librería Cándido. No auditorio o propio día do concerto 2 horas antes do comezo.

Barahúnda é un grupo formado pola voz de Helena de Alfonso e a guitarra de José Lara Gruñeiro, dous artistas afincados en Rianxo dende fai xa uns anos.