Educación e Cultura

- Hoxe non se paga!, Teatro Airiños na Mostra de Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Hoxe non se paga!, Teatro Airiños na Mostra de Teatro

O sábado 8 de outubro, ás 20.30 horas, no auditorio de Rianxo o Grupo de Teatro Airiños volve a representar a obra Hoxe non se paga! dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego.

Hoxe non se paga! centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. As protagonistas da obra, á vista da subida incontrolada dos prezos, deciden, xunto con outras mulleres e homes, non pagar no supermercado dado que os prezos non son xustos. Este suceso desencadea unha boa chea de situacións rocambolescas nas que interveñen personaxes a cada cal máis simpático e divertido que provocan escenas hilarantes. A farsa trasládase aos nosos tempos, a nosa crise e, por suposto, a nosa terra.