Educación e Cultura

- I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada

O próximo sábado 9 de Marzo no Auditorio de Rianxo, ás 20.00 h terá lugar o I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada

Trátase dun batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e, de entre estes, unha persoa gañadora)

Ademais contarase coa intervención plástica  erótica a cargo da artista María Piensos e a actuación musical a cargo de Najla Shami.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN:

Inscricións no Auditorio o mesmo día de 19:30 a 20:00 horas.

Sortearase a orde de intervención no recitado entre as persoas inscritas.

As persoas participantes poderán recitar calquera texto erótico da súa autoría.

A duración do recitado debe ser dun máximo de 3 minutos ( a partir dos 3 minutos descontarase puntuación sobre o veredicto do xurado)

O recitado non se poderá ir acompañado de música, disfraces ou accesorios.

XURADO:

O xurado estará composto por sete persoas do público, elixidas de xeito aleatorio e catro profesionais do ámbito literario.

Valorarase a calidade do texto así como o recitado.

En base ás valoración do xurado decidiranse 5 finalistas, quen terán que volver a recitar nunha segunda volta o mesmo texto ou ben outro, para finalmente decidir a persoa gañadora.

PREMIOS:

O primeiro premio consistirá na edición dun vídeo-poema co texto gañador.

Os outros catro finalistas recibirán un agasallo.

O Concello de Rianxo procederá á edición e publicación do conxunto de poemas das cinco persoas finalistas nun caderno, onde ademais se engadiría unha fotografía e unha breve reseña de cada unha delas mais o vídeo-poema da persoa gañadora.

Cartaz Anunciado