Educación e Cultura

- I Semana da música irmandiña, 1918-2018 Centenario de Felipe Paz Carbajal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

I Semana da música irmandiña, 1918-2018 Centenario de Felipe Paz Carbajal

A Irmandade da música galega xunto co Concello de Rianxo organizan a I Semana da Música Irmandiña coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Uned Senior (aula de Rianxo).

As propostas que se van desenvolver son as seguintes:

  • Sábado 10 de novembro: 1ª xornada: Intérpretes de Rianxo
    • 18.00 h: Conferencia: vida e obra de F. Paz Carbajal. Relatores: Sebastián Paz e Fernando López-Acuña.
    • 19.15 h: Inauguración da exposición: Felipe Paz Carbajal no seu centenario. Coa intervención musical de Orjais e Mar & Nine
    • 20.00 h: Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo. Director Rafael Collazo.
  • Do sábado 10 ao 17 de novembro: Exposición Felipe Paz Carbajal no seu centenario.
  • Sábado 17 de  novembro: 2ª xornada: Memorial Mireya Dieste
    • 20.00 h: Concerto de piano: homenaxe a Felipe Paz Carbajal. Pianista Alejo Amoedo.

Presenta os actos Tero Rodríguez.