Educación e Cultura

- II Ciclo de Novos Intérpretes: Martín Castro Tubío con Psaiko Quartet - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

II Ciclo de Novos Intérpretes: Martín Castro Tubío con Psaiko Quartet

Continua o II CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, o venres 22 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo; nesta ocasión o rianxeiro Martín Castro Tubío ofrecerá un concerto xunto coa agrupación Psaiko Quartet.

 

MARTÍN CASTRO TUBÍO (saxofón) con PSAIKO QUARTET

Martín Castro Tubío nace en Rianxo en 1997. Empeza aos 8 anos na Escola de Música de Rianxo estudando saxofón con Rafael Collazo, e continúa a súa formación no Conservatorio Profesional de Ribeira co profesor José Fungueiriño. Ao mesmo tempo ingresa na Aula Galega de Saxofón co seu futuro profesor ata o momento, Rodrigo Vila, e onde recibe clase de profesores como David Brutti, Filippo Farinelli, Carl- Emmanuel Fisbach, Wenjiao Wang y Yuko Mizutani.

Durante estes anos participa en diversas agrupacións musicais como Biribirlocke, coa que fai 2 traballos discográficos. Coa BEMR, coa que gaña varios concursos de bandas de música, como o Certame Galego de Bandas de Música Populares.

Consegue varios premios como os dous primeiros premios no concurso internacional “Ramón Guzmán” e unha mención de honor no concurso “David Russell”. Ao mesmo tempo, no ámbito da música comercial, ten dous primeiros premios en dous concursos: festival “Revenidas”, e na Deputación da Coruña. A maiores, chega a ser semifinalista no certame VodafoneYu Music con Biribirlocke. Tamén consegue varios premios coa formación Psaiko Quarter, un cuarteto de saxofóns, co que gaña o “88 concurso Juventudes Musicales de España”, un primero premio no concurso “ArtJove”, primero premio no “Thailand International Wind Symphony Competition 2018”, e un segundo premio no “Juventudes Musicales provincial de Ávila”.

Aos 18 anos trasládase á "Aula Internacional de Saxofón del Conservatori Superior de les Illes Balears" para estudar interpretación baixo a tutela de Rodrigo Vila, David Brutti, Beatriz Tirado e Joaquín Sáez. Recibe masterclass de profesores como: Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Thomas Indermhüle, François Rossé, Ryo Noda, Lars Mielkusch, Nikita Zimin, Nicolas Prost, Joshua Hyde, Hans de Jong, Filippo Farinelli, Wenjiao Wang, Carl-Emmanuel Fisbach e Gordan Tudor, entre outros.

Participa en importantes festivais como o Mallorca Saxophone Festival, Série Tendências de la UFRJ, EurSax17, Aveiro SaxFest, Daya - Yamaha International Saxophone Artists Concerts, XIII Encontro Galego do Saxofón, Ciclo de cordas e ventos (La Pampa), II Festival Ensemble de Ontinyent e a X Aula Galega do Saxofón, entre outros.

A nivel docente, na Universidade Federal de Rio de Janeiro e no conservatorio Luis Gianneo de Mar de Plata, imparte diversos cursos e conferencias de formación musical.

Na actualidade está inmerso en diversas actividades con Psaiko Quartet, con propostas como xiras internacionais e un traballo discográfico, ademais dun claro compromiso coa difusión do instrumento a todos os niveis posibles.