Educación e Cultura

- III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo, que terá lugar no Auditorio de Rianxo o domingo 4 de decembro ás 5 do serán.

As categorías son a de gaita solista e cuarteto tradicional. A Deputación da Coruña dota con 500 euros o primeiro premio da categoría de solista e o Concello de Rianxo premiará con 1000 euros o grupo gañador do certame na categoría de cuarteto tradicional.

Publícase a listaxe de participantes e a orde de participación:

17.00 h CATEGORÍA DE GAITA SOLISTA
Premio Deputación da Coruña: 500 €
1. Daniel Fernández López (Lugo)
2. Lois Prado Fernández (Vigo)
3. Antón González Barreras (Vigo)
4. Xesús Rodríguez Callejón (Solláns, Teo)
5. Adrián García Seoane (Ferrol)
6. Ismael García (A Coruña)
7. Manuel Seoane (As Cruces, Sobrado dos Monxes)
8. Iago Prieto Castro (Vigo)

18.30 h CATEGORÍA DE CUARTETO TRADICIONAL
Premio Concello de Rianxo: 1000 €
1. Abexouros (Vigo)
2. Repichoqueiros (A Coruña)
3. Chispas nejras (Cangas)
4. Mutatis Mutandis (Santiago de Compostela)
5. Longarela (Muros)

O público que desexe asistir ao evento poderá retirar a súa entrada de balde dende as 16.00h, ata completar aforo.

Bases que rexerán a celebración do concurso