Educación e Cultura

- IV Memorial Mireya Dieste - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

IV Memorial Mireya Dieste

A Irmandade da Música Galega organiza coa colaboración do Concello de Rianxo o IX Memorial Mireya Dieste na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O día será o sábado 20 de novembro, ás 20.30 horas, e contará coa intervención de Clara Panas (soprano) e Javier Ares Espiño (piano)

A reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

No caso de non cubrirse a capacidade coas reservas, as localidades dispoñibles poderán recollerse na billeteira do auditorio dende media hora do antes evento.

Nesta cuarta edición do memorial contase coa participación da soprano moldava Clara Panas e do pianista galego Javier Ares. Ambos interpretarán un repertorio integrado por compositores galegos e portugueses do século XIX e XX, creadores de cancións inspirados nos textos de Rosalía de Castro, Cuña Novás, Salvador Golpe ou Celso Emilio Ferreiro. Entre esta nómina de grandes poetas, teremos o privilexio de escoitar por primeira vez en Rianxo, a canción Canta, paxariño, canta, con música de Frederico de Freitas e do noso ilustre veciño Faustino Rey Romero, no centenario do seu nacemento.