Educación e Cultura

- IX Xornadas arredor da música tradicional - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

IX Xornadas arredor da música tradicional

AGG organiza o vindeiro venres 24 e sábado 25 de setembro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación novas publicacións e cuxo programa podes ver a continuación:

PROGRAMA:

VENRES 24 SETEMBRO

  • 17.00 – Relatorio I “’De raíz galega’: os arranxos sobre temas tradicionais no concurso de Ponteareas (2010-2020)”. Marina F. Vigo.
  • 17.50 Quenda de preguntas
  • 18. 00 – Descanso
  • 18.30 – Relatorio II “A musette barroca: un achegamento ao instrumento e ao seu repertorio”. Nadia Vázquez
  • 19.20 Quenda de preguntas

  SÁBADO 25 SETEMBRO

  • 10.30 – Relatorio III    “A creación e evolución das formacións musicais populares no sur galego: ¿Unha experiencia extrapolable?”. Xerardo F. Santomé
  • 11.20 Quenda de preguntas
  • 11.30 – Relatorio IV “Aproximación á gaita e seu uso no Bierzo e Cabrera”. Diego Bello
  •  12.20 Quenda de preguntas
  • 12.30 - Descanso
  • 13.00 - Presentacións de publicación: “The Essence of our traditional sound”. Alexandre Cadarso
  • 13.20 – Parada para xantar
  • 16.30 – Relatorio V  “A guitarra: instrumento tradicional galego”. Isabel Rei
  • 17.20 Quenda de preguntas 
  • 17.30 - Presentacións de publicacións: 17.30: “Os Encantiños do Umia”. Carlos Rey e Cristian Silva. Ed. O Faiado da Memoria e 17.50: “A música e Mondariz: historia, personaxes e agrupacións”. Chiqui Bernárdez, Raquel Faro, Felix Rodríguez Míguez. Ed. Dos Acordes 
  • 18.10 – Descanso
  • 18.30 – Relatorio VI “A gaita de barquín, un instrumento olvidado”. Diego Alonso
  •  19.20 Quenda de preguntas 

LUGAR: PAZO DE RIANXIÑO (Rianxo) e EN LIÑA a través da páxina do facebook AGG facebook.com/AGGtradiciongalega

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o sábado día 18 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.