Educación e Cultura

Laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender - LABEMPRENDE da Fundación LaCaixa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

LABEMPRENDE da Fundación LaCaixa

Laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender

Laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender.

  • Xoves 3 e venres 4 DE AGOSTO DE 2023
  • PRAZA DE CASTELAO
  • Horario: 10:00 a 14:00 // 17:00 a 20:30
  • Obradoiros escolares baixo reserva e visitas libres

Información: 900 101 493 info@labemprende.com

“LABEMPRENDE” é un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxará por todo o territorio, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.
Os participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora.

A experiencia toma forma dentro dun autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada
para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.
O espazo conta con diferentes ámbitos de experimentación deseñados detidamente coa idea de o público irse
situando gradualmente na experiencia do que supón emprender:
0. Emprender é unha actitude.
1. Somos emprendedores.
2. Olla. Aprender a observar.
3. Pensa. Solucións innovadoras.
4. Fai. Da idea ao negocio.
5. Comeza. Se queres, podes.
“LABEMPRENDE” está dirixido a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente,
aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos
para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.
O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito
autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.