Educación e Cultura

O acto desenvolverase o venres 19 de abril, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo - Libros, presentación Aqueles Corpos Nosos de Adrián Ramos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Libros, presentación Aqueles Corpos Nosos de Adrián Ramos

O acto desenvolverase o venres 19 de abril, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo

Libros, presentación Aqueles Corpos Nosos de Adrián Ramos. No acto ademais do autor estará presente Sara Vila Alonso (escritora e xefa de comunicación da Editorial Xerais) e Julio Alcalde Hermo (Concelleiro da Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo)

  • LUGAR: salón de actos do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: venres 19 de abril
  • HORA: 20.30 h

Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas. Polo camiño farán fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer o que queren? Logo do éxito de «Cando sangren os lobos» (I Premio Xuventude Crea de Novela Curta), Adrián Gómez Ramos regresa á escrita con «Aqueles corpos nosos».