Educación e Cultura

- MONICREQUES: Xan Perillán compra queixo, compra pan - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MONICREQUES: Xan Perillán compra queixo, compra pan

Os Monicreques de Kukas achéganse ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Xan Perillán compra queixo, compra pan o vindeiro sábado 12 de novembro ás 19.00 horas.

Está recomendada para un público familiar con nenos e nenas maiores de 3 anos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) dende unha hora antes do comezo da función.

A proposta forma parte da programación do Outono Cultural 2016 do Concello de Rianxo e pertence á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreque compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.