Educación e Cultura

- MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO: Animaliños a cargo de Teatro de Cámara Ditea - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO: Animaliños a cargo de Teatro de Cámara Ditea

O sábado 1 de outubro arranca a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.

Comeza coa agrupación Teatro de Cámara Ditea coa obra de Roberto Vidal Bolaño Animaliños.


ANIMALIÑOS é a creación dunha persoa moi observadora, dun autor, Roberto Vidal Bolaño, que facía teatro “do aquí e do agora”, para que todos nos vísemos reflectidos, quizais incomodamente, nalgún dos distintos personaxes ou nas distintas situacións da obra.
ANIMALIÑOS fálanos dos “propietarios de casa con xardín”, como representantes de todos nós; retrata a sociedade da opulencia que cre coidar do seu entorno, pero non dubida en estragar o alleo; ilustra esa necesidade imperiosa de inventar un inimigo como xustificación da militarización... (o contexto internacional estaba moi presente)

A primeira función da mostra de teatro é gratuíta. As restantes teñen un custe de 2 € por función, coa posibilidade de adquirir un bono que inclúe as 4 funcións por 6 €.

Venta de entradas anticipada: Nino Pieri, Floristería La Rosa e Cafetería Saraiba. Tamén no auditorio unha hora antes do comezo da función.