Educación e Cultura

- Mostra de Teatro Amador no Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Mostra de Teatro Amador no Concello de Rianxo

No próximo mes de xuño, vai desenvolverse no Auditorio de Rianxo e organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello a Mostra de Teatro Amador.

As representacións, comezarán as 21.30 horas e son as seguintes:

venres 21 de xuño
  • República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro
sabado 22 de xuño
  • Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro
xoves 27 de xuño
  • O tempo do Pájaro Pinto do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo
venres 28 de xuño
  • Os pintores non teñen recordos da Agrupación Teatral Criaturas
sábado 29 de xuño
  • Folie à trois: paranoia compartida a cargo de Mequetrefes Teatro
DOMINGO 30 DE XUÑO
  • Que vida é esta e 10 negriños a cargo do Cadro Artístico Airiños (alevíns e benxamíns)

As entradas teñen un custe de 2 € por función que se poñen á venda unha hora antes do comezo da representación. Existe un bono que ten un custe de 8€ que inclúe todas as funcións da mostra que estará á venda só na primeira función.