Educación e Cultura

Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. - MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto

Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao.

MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao.

  • Cando: Sábado 18, 20:30
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Todos os públicos.

Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto

Mediante esta conxunción, catro frautistas conseguen atopar as conexións precisas para que a música, o texto e a imaxe flúan dinamicamente. Consideran primordial aprender a dialogar e chegar a un consenso entre as diferentes ideas, así como enriquecerse dos coñecementos que se comparten. Ademáis, é inseparábel a parte social da interpretativa, pois creando vínculos persoais positivos, poderase lograr un sentido musical completo.

O concerto consiste nunha pequena variedade de pezas musicais, algunhas delas compostas orixinalmente para frautas travesas, e outras chegadas a nós mediante arranxos para os nosos instrumentos. Autorías de Franco Cesarini, Raymond Guiot, Rosendo Mato Hermida, Carlos Gardel ou Satoshi Yagisawa, entre outras.

Os bocados literarios son escolmas de textos de históricos autores como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao conviven con plumas actuais como a de Sther Carrodegüas, Fran Gómez e María Xosé Silvar. Estes textos chegan ao público ben por voz das propias integrantes do cuarteto, ben mediante voces en off, previamente gravadas por actrices do Teatro Airiños de Asados (Rianxo).

Carlota Salgado Leal, membro do cuarteto, é a creadora dos contidos gráficos orixinais para esta merendola desconcertante, que serán proxectados nos momentos axeitados.