Educación e Cultura

- MUSICAL PARA TODA A FAMILIA: Os rockenstein - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MUSICAL PARA TODA A FAMILIA: Os rockenstein

O sábado 18 de marzo, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar Os Rockenstein, un musical para toda a familia a cargo da compañía Malasombra.

Recomendada para un público familiar.

Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa)

O doutor Rockenstain é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no séu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dos Kiss, un póster dos Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo…