Educación e Cultura

- Noites de Cine en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Noites de Cine en Rianxo

O programa Noites de Cine desenvolverase durante o mes de outubro en Rianxo. Está organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo.

Van a proxectarse tres películas en tres lugares do concello:

Venres 9 de outubro   -   20.30 h.   -    Auditorio de Rianxo   -   ENRUGAS

A película de animación ENGURAS está destinada a un público adulto baseado no comic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.

Venres 16 de outubro   -   20.30 h.   -    Casa da República de Isorna   -   FROZEN

Frozen e unha película de animación dirixida a todos os públicos producida por Walt Disney Animation Studios e gañadora de 2 Premios Óscar por Mellor Película Animada e Mellor Canción Original por Let It Go. Está inspirada na historia de A raiña das neves de Hans Christian Andersen.

Venres 23 de outubro   -   20.30 h.   -    Centro Sociocultural do Araño   -   OZ, MUNDO DE FANTASÍA

Oscar Diggs, un mago de circo de pouca monta e de dudosa reputación, é tirado dende a polvorenta Kansas ó relucente País de Oz. Está convencido de que lle tocou o premio gordo e que a fama e a fortuna está ó seu alcance. Pero as cousas cambian cando coñece a tres bruxas: Theodora, Evanora y Glinda, que non están nada convencidas de que Oscar sexa o gran mago que todo el mundo estaba esperando. Ó seu pesar, Oscar debe enfrentarse ós enormes problemas que ten o País de Oz e aos seus habitantes, e terá que descubrir quenes están do seu lado e quenes son os seus inimigos antes de que sexa demasiado ...